Jacobo Moreira “a compostaxe é un gran negocio, non un sistema alternativo de recollida de lixo”

Pontevedra> Dende o PP de Pontevedra criticaron duramente as verbas do alcalde en relación aos veciños, de Eduardo Pondal, que solicitan a retirada do composteiro comunitario. Os Populares cren que a realidade é que o Plan Revitaliza é un gran negocio, Jacobo Moreira insta ao BNG a que explique quen está detrás del.

O líder do PP en Pontevedra considera que o alcalde da cidade debería de falar máis cos veciños e deixarse de queixas. Moreira cree que Lores non pode atacar a cidadanía de Pontevedra en relación á compostaxe, un sistema de recollida que cualificou como gran negocio do BNG.

En relación ao premio a nivel europeo que ven de recibir o Plan Revitaliza Moreira asegura que detrás estará unha empresa privada. O PP aposta, dixo, por unha compostaxe individual e comunitaria no rural, nun sitio no que o composteiro non moleste. Iso si, Moreira non considera que a compostaxe comunitaria se poda realizar no centro dunha cidade.

Ademais o PP tamén criticou a subvención para o transporte na cidade que lanzan dende o Goberno Local, un prezo que ascende aos 71 mil euros.

Moreira considera irrisoria esta cantidade destinada ao transporte público, e cree que se o Goberno Local quere unha cidade máis peonil debería apostar e potenciar o transporte co fin de que os veciños deixasen o coche na casa.