A AECC abre o seu mercado de Nadal para recadar fondos para manter a súa actividade gratuíta

PONTEVEDRA> Xa está en marcha un clásico da época de Nadal en Pontevedra. Hoxe inaugurouse o mercado da Asociación Española Contra o Cancro. Este ano están en pleno centro da cidade, no número 2 da rúa Peregrina. Unha opción ben interesante para facer que os nosos agasallos sexan solidarios.

Optar por que este Nadal os nosos agasallos sexan solidarios é ben sinxelo. Podemos recorrer ao mercado da Asociación Española Contra o Cancro, que hoxe abriu no número 2 da rúa Peregrina.

Este mercado é todo un clásico da época de Nadal en Pontevedra. Unha actividade máis que organiza a asociación para financiar o seu funcionamento.

O ano pasado recadaron ao redor de 12.000 euros. Unha contía lonxe das cifras prepandemia, cando podían acadar os 18.000. Confían que este ano a escolla dun local máis céntrico lles favoreza.

Para poder levar adiante esta iniciativa é fundamental o labor do voluntariado da asociación. 60 persoas quendas para manter o mercado aberto ao público e atender a todo aquel que se achegue.

Ademais de facer as súas compras, tamén poden realizar doazóns de obxectos que se poidan poñer á venda. Recóllese de todo, excepto roupa, complementos téxtis, calzado ou enciclopedias. Outro xeito de colaborar co labor da Asociación Española contra o Cancro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí