Os hostaleiros fan un chamamento a adiantar a hora de cea para salvar o sector

VILAGARCÍA> O confinamento nocturno afecta de cheo ó sector da hostalaría, que ademais das limitacións de aforo, ve reducido agora o seu horario de actividade. Coa obriga de baixa-la persiana ás 11 da noite, cafeterías e restaurantes fan un chamamento ós consumidores para que modifiquen os seus hábitos. Piden, por exemplo, adianta-la hora de cea para, así, poder facelo nun establecemento.

O novo estado de alarma e, en concreto, o confinamento nocturno volven golpea-la hostalaría. Ás restricións e reducións de aforo, os profesionais deste sector enfróntase agora á redución do seu horario. Terán que bota-lo peche ás 11, hora á que comeza o toque de queda.

Os hostaleiros, de novo no abismo, fan un chamamento ós seus clientes para que sigan consumindo en bares e restaurantes. Propoñen ir mudando os nosos hábitos de vida, adiantando, por exemplo, a nosa hora de cea.

Os hostaleiros vilagarciáns recoñecen que é difícil conseguir mudar estes hábitos. Demandan un cambio no modelo laboral para salva-lo seu sector.

Os hostaleiros piden tamén que non se demonice ó sector porque, lembran, está comprobado que non é o principal foco de contaxios da covid.

Indican, ademais, que estas restricións que afectan directamente á súa actividade non están chegando CON medidas de apoio por parte das administracións, como un aprazamento ou redución dos impostos que agora teñen que pagar por ter o seu negocio a medio gas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí