As Pousadas do Salnés quedarán rematadas antes de Semana Santa

    SALNÉS> Na xunta de goberno da Deputación aprobouse hoxe a adxudicación do mobiliario para completar as Pousadas do Salnés, que se prevé estean totalmente equipadas antes de Semana Santa, e deuse luz verde ás bases reguladoras do plan de práctica laboral que empregará a partir de febreiro a 250 novos titulados. Coas actuacións de acondicionamento dos accesos en marcha, a instalación do mobiliario é o último paso que queda para dar por rematadas as pousadas do Salnés. Esa instalación debe estar completada en 70 días, o prazo polo que a xunta de goberno da Deputación aprobou esta mañá a adxudicación do mobiliario. Encargarase a Unión temporal de empresas integrada por SUTEGA e Novavila Rías Baixas. O importe: 1.411.939 euros. Rematado para que a adxudicataria da xestión, a empresa Hotusa, poida poñer en marcha as instalacións. Persoal habería dispoñible, xa que nestes máis de corenta mozos están recibindo formación en hoteis de España e Alemaña no marco dos ciclos de FP Dual promovidos por administración provincial, consellería de Educación e Hotusa. Outros mozos que terán a oportunidade de incorporarse por primeira vez ó seu posto de traballo serán os 250 que se fagan cunha das novas bolsas de emprego que saca a Deputación como parte dun novo Plan de Práctica Laboral. Deberán ser titulados con posterioridade ó un de xaneiro do 2007 e estar inscritos no Servizo Público de Emprego. As prácticas, con duración dun ano, comezarán o vindeiro mes de febreiro. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/19/pousadameano.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/19/POUSADAS_DEPUTACION_EMPREGO.mp4{/flowplayer}