Luis Sabariz xa é o candidato do PSOE en Pontecesures

    gerpesabariz_100_010207.jpgPONTECESURES > Anque a decisión xa estaba tomada pola dirección do partido, onte ratificouna a agrupación local.

    Luis Ángel Sabariz xa é o candidato do Psoe á alcaldía de Pontecesures. Tras ser proposto pola dirección do partido, a agrupación local deulle onte o visto bo definitivo nunha asemblea extraodinaria na que o anterior candidato e voceiro municipal, Óscar Gerpe, decidiu retira-la súa lista previamente elaborada pola agrupación local e someter a votación a proposta da dirección do partido na que figuraba como candidato Sabariz.

    Na votación participaron 13 persoas, das que 12 se abstiveron e unha votou a favor. Sabariz agradeceu hoxe a confianza do partido e asegurou que se reunirá canto antes coa agrupación local do Psoe para comezar a elaborar a lista e o programa. Quere contar con xente do Psoe pero tamén levará algunha de ACP e xente nova.

    Campaña orquestada

    Sabariz cre que está sendo obxecto dunha ‘campaña orquestada’ contra el, xa que mentres algúns militantes do Psoe están a verter duras acusacións contra el, o concelleiro debe facer frente tamén ás últimas críticas do alcalde, que onte o acusou de acosalo e perseguilo.

    Sabariz asegura que só se achegou a Rianxo para comprobar que alí seguía vivindo unha familia que se censou na casa dunha tía do alcalde que vive en Bilbao. O concelleiro denunciou que se estaba censando xente de fora achegada ó alcalde para votar en Cesures nas vindeiras municipais, e só quería comprobar que a súa denuncia era certa antes de facela pública como así foi.

    Nega calquera persecución e pídelle ó alcalde que non terxiverse a realidade para ocultar a manipulación que está a facer do censo cesureño.

    Redacción Salnés