Cegasal achega a súa labor ata A Pobra cunha mostra fotográfica

A POBRA> A asociación Cegasal achega o seu labor ata A Pobra a través dunha mostra fotográfica que permanecerá na Casa da Cultura ata finais de abril. Retrata o día a día no traballo de persoas con discapacidade nalgún dos centros especiais de emprego que integran esta rede.

A través deste percorrido fotográfico, os visitantes poderán facerse unha idea da importante labor que realiza Cegasal, unha asociación de centros especiais de emprego sen ánimo de lucro que promove a inserción laboral das persoas con diversidade funcional.

Un deses centros atópase no Barbanza da man de AMBAR que favorece a plena inclusión das persoas con discapacidade a través do seu desenvolvemento en tódolos eidos, incluído o laboral. O seu día a día no traballo é o que pretende poñer en valor esta mostra promovida pola Deputación da Coruña.

A exposición, composta por unha vintena de fotografías de Diego Silva, poderá visitarse durante todo o mes de abril na sala pobrense.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí