Tódolos colexios públicos de Galicia dispoñen xa de pizarras electrónicas

    pizarras_electronicas_100_090109.jpgPONTEVEDRA > O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño asegura que se trata dun sistema pioneiro que formará ós cativos nas novas tecnoloxías.

    {flowplayer}images/salnes/090109_pizarras_dixitais_pontevedra.flv{/flowplayer} 

    O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e a conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, visitaron esta mañá o colexio A Xunqueira I de Pontevedra para comprobar a implantación das pizarras dixitais como ferramentas de apoio educativo.

    Os encerados electrónicos constan dun ordenador multimedia conectado a internet e a un videoproxector. A través deles, os mestres poden impartir as súas materias de xeito máis gráfico e fomentando a participación do alumnado, á vez que familiarizan ós cativos coas novas tecnoloxías. Segundo o presidente da Xunta, na actualidade tódolos centros públicos de Galicia dispoñen ó menos dunha pizarra dixital. Unha iniciativa que segundo Touriño amosa a aposta do Executivo galego pola educación pública.

    A conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, salientou que nos tres últimos anos a Xunta multiplicou por dez o número de pizarras electrónicas, pasando de 179 a 1465. Entre as vantaxes desta ferramenta están a formación duns estudantes máis críticos e participativos.

    Segundo o presidente da Xunta, Galicia é pioneira na implantación de pizarras electrónicas en tódolos centros públicos da comunidade, poñéndose á altura de países coma Finlandia, Reino Unido ou Estados Unidos.

    Redacción Salnés