PONTEVEDRA> PONMO 2014 encherá as rúas e prazas de Pontevedra de moda. A segunda edición deste evento celebrarase os días 26 e 27 de setembro, e busca escapar da forma tradicional das pasarelas de moda.
A cidade repite este ano a súa pasarela. Pontevedra Moda volverá a traballar para potenciar a capital, cunha novidade que consigue un maior vencello entre o evento e o entorno.
A pasarela PONMO celebrarase os días 26 e 27 de setembro. A primeira xornada será o certame de novos deseñadores; a segunda, será o desfile dos creadores xa consolidados que se celebrará no entorno da Ferrería.
Dos deseñadores que acudirán á cita, só está confirmada a firma da creadora italiana afincada en Madrid Sonia Giordani.
Polo demais, PONMO completará a súa programación con actividades relacionadas coa moda, ademais dunha campaña gráfica que correrá ao cargo de Marcos Suárez, fotógrafo pontevedrés.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/17/ptac_ponmo_2014.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/17/ptac_ponmo_2014.mp4{/flowplayer}