PONTEVEDRA> Pontevedra acollerá tamén esta fin de semana a Pontevedrada. Unha marcha nocturna organizada pola asociación Asampo que ten como obxectivo principal concienciar á cidadanía sobre a importancia da doazón de sangre, órganos e tecidos.
O que comezou como unha iniciativa entre dúas persoas, converteuse, tras nove anos de moito traballo e esforzo, nunha tradición na cidade. A Pontevedrada volve este sábado co mesmo obxectivo de sempre: fomentar a importancia da doazón de sangre, órganos e tecidos. Iso si, este ano hai un pequeno cambio.
A marcha nocturna lévase celebrando nove anos, e sempre o mesmo día, o 27 de abril. Con isto, Asampo quere reflectir que pase o que pase a doazón é imprescindible.
Ao longo do ano, a asociación pontevedresa organiza diversas actividades co único obxectivo de que a xente se converta en doante.
A novena edición de Pontevedrada arrancará ás 20.00 horas da Praza de España con arredor de 1.500 persoas que xuntos reivindicarán a importancia de regalar vida.