O alumnado pontevedrés tingue de negro a Ferraría en repulsa contra a violencia machista

PONTEVEDRA> Centos de estudantes pontevedreses tinguiron hoxe de negro a Praza da Ferraría. O fixeron para mostrar o seu rexeitamento ante a violencia machista. Un acto promovido polo Concello de Pontevedra e no que se demostrou que a educación é a ferramenta de transformación social máis poderosa.

Eles son o futuro da nosa sociedade e por iso eles foron os protagonistas do Día Internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres. Centos de escolares tinguiron esta mañá de negro a praza da Ferraría para mostrar a súa repulsa contra esta lacra. Unha lacra social e contra a que hai que loitar dende a educación.

Todos eles, a través dun manifesto e a través das súas pancartas e dos seus berros uníronse a esta acción social contra as violencias machistas. Poñendo o foco nos agresores e tamén naquelas persoas que, ante unha situación de violencia, deciden mirar cara outro lado.

1028 mulleres asasinadas dende que hai estatísticas. 52 en 2019. Mentres as cifras continúan aumentando, o compromiso da sociedade nesta loita é aínda maior. Porque sen dúbida, hoxe eles demostraron que a educación é a vacina contra a violencia machista.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí