Pontevedra forma en seguridade viaria aos peóns e condutores do futuro

PONTEVEDRA> A seguridade viaria é unha das apostas centrais do concello de Pontevedra. De xeito conxunto coa Policía Local, o goberno pon en marcha diferentes iniciativas para educar á cidadanía e promover os bos hábitos. Hoxe despediuse un dos cursos máis animados: o que vai destinado aos pontevedreses máis pequenos.

 

Cunha festa por todo o alto, os nenos pontevedreses despediron o curso de educación viaria deste ano.

Nestas iniciativas mestúranse clases teóricas e prácticas, todas supervisadas por axentes da Policía Local especializados en seguridade viaria.

Así van aprendendo a moverse polas cidades, adaptándose tamén ás peculiaridades dunha cidade peonil como é Pontevedra.

Algúns dos pequenos xa veñen aprendidos da casa. Para outros, o curso é un incentivo que fai medrar a súa curiosidade.

Esta non é a única iniciativa en materia de seguridade viaria. Policía Local e concello teñen en marcha diferentes actividades que chegan ao redor de 5.000 usuarios, dende nenos a colectivos para os que os accidentes poden ser máis perigosos, como embarazadas e persoas maiores. Este ano tamén fixeron chegar estes programas ás parroquias, adaptándose ás súas condicións específicas.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/17/clausura_curso_seguridade_viaria.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/17/clausura_curso_seguridade_viaria.mp4{/flowplayer}