18-19 de marzo Campionato Galego por equipos en Pontevedra

Pontevedra> O 18 e 19 de marzo as instalacións do Club de tenis de Pontevedra acollerán o Campionato Galego por equipos 2017. Unha cita na que participan 12 equipos da nosa comunidade e busca poñer en valor o esforzo colectivo e a importancia do traballo en equipo. Esta fin de semana o tenis estará moi de actualidade en Pontevedra, xa que as instalacións do Club de Tenis da cidade acollen o Campionato Galego por equipos nas categorías de feminino e masculino. Dende o club que xoga na casa participarán nas dúas categorías. Dende a Federación Galega de tenis dixeron que é un pracer realizar este campionato na cidade do Lérez. Ademais o bo tempo acompañará a esta cita deportiva que será de balde para todos aqueles que a queiran desfrutar. Un total de 12 equipos competirán neste campionato, 6 masculinos e 6 femininos. Na categoría feminina haberá 3 partidos individuais e un dobre e na masculina 4 individuais e un dobre. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/15/campionato_tenis_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/15/campionato_tenis.mp4{/flowplayer}