Refórzase o cadro de persoal da Policía Local da Pobra

    POBRA> Catro novos auxiliares velarán pola seguridade de veciños e veciñas durante a temporada estival. Con estas incorporacións volven ás 24 horas de servizo.

    O alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras, doulle a benvida ós catro novos axentes que pasarán a formar parte das forzas de seguridade municipal. Fíxoo acompañado polos concelleiros de cultura e festexos ademais do xefe da Policía Local. Maceiras agradeceu de antemán o bo traballo que todos eles realizarán. Cabe lembrar que o municipio pobrense triplica a súa poboación nos meses de verán, debido ó incremento de turistas na vila. Con tal de garantir a seguridade de todos, vese ampliado o horario de servizo, que alcanzará as 24 horas de vixilancia e atención cidadá durante os sete días de semana. Esta mellora pode realizarse grazas a estas novas incorporacións. Os catro mozos prestarán os seus servizos ata finais do mes de setembro.