Xosé Alberte Lorenzo xa ten unha aula no Leliadoura

    RIBEIRA> O claustro de profesores decidiu colocar unha placa na aula de tecnoloxía, para homenaxear a memoria dun compañeiro falecido hai pouco. Durante o acto vivíronse momentos moi emotivos.

    Como dicían os alumnos, non se pode entender a aula de informática sen Xosé Alberte Lorenzo, e por iso unha placa co seu nome luce ó carón da porta deste espazo. Xosé Alberte foi director e profesor pero sobre todo compañeiro e amigo de moitos dos que hoxe se concentraron no corredor do Leliadoura para renderlle a particular homenaxe. Escoitando os discursos que por alí se sucederon podemos facernos unha idea do que representaba este mestre para o claustro e para o alumnado. Pouco puideron conter a emoción lembrando anécdotas e cantidade de vivencias que viviron xunto a el. A muller do homenaxeado foi quen descubriu a placa que recordará ó paso do mestre polas vidas de todos, e que dará a coñecer a futuros alumnos unha etapa do Leliadoura de Xosé Alberte.