Jealsa trata de recuperar a ‘normalidade’ tras o devastador incendio do sábado

BOIRO> Despois do tráxico incendio do sábado, Jealsa trata de recuperar, na medida do posible, a súa normalidade.

Durante toda a noite e tamén esta mañá efectivos do parque comarcal de bombeiros de Boiro continuaban coas labores de enfriamento perimetral na zona afectada polas lapas para evitar que o lume puidera reavivarse. Uns traballos que continuarán aínda uns días.

Parte do persoal, aquel que non realizaba as súas funcións nas zonas afectadas, como é o caso das oficinas, ou as zonas de almacén e produción, está traballando xa con certa normalidade.

A través dun comunicado a dirección da empresa agradecía a tódalas autoridades o apoio brindado, en especial ás forzas e corpos de emerxencia, que ‘de forma áxil e eficaz’ foron quen de facer fronte ó lume e evitar que a fábrica quedase totalmente calcinada.

Dende Jealsa afirman que seguirán cumprindo cos seus compromisos con clientes e consumidores, xa que tódolos seus centros de produción permanecen a pleno rendemento, poñendo xa en marcha as accións necesarias para superar esta situación, da que aseguran, sairán máis fortes.

No comunicado din marcarse coma obxectivo a reincorporación, o antes posible, da parte do cadro de persoal que, por razóns obvias, deberá pausar temporalmente o seu traballo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí