O BNG levará de novo o Parlamento que a Xunta asuma a xestión dos conservatorios

RIBEIRA> Para a deputada María Cristina Fernández Davila a Xunta debería asumir dunha vez a xestión dos conservatorios municipais existentes ó longo de moitos municipios de Galicia, entre os que se atopa Ribeira.

Actualmente os gastos, entre 500 e 700 mil euros ó ano, son asumidos plenamente polos concellos, a pesar de que é unha competencia autonómica.

Por esta razón entende que a Xunta debera asumir as súas competencias nesta materia. Segundo ela este paso podería realizarse de xeito programado, a través de fórmulas transitorias como é o caso do cofinanciamento.

Durante a visita María Cristina Fernández Davila tivo tempo de manter un encontro co equipo directivo e o profesorado do centro e interesarse tamén pola marcha das obras de rehabilitación que ese están a levar a cabo actualmente no edificio e que xa encaran a súa recta final, polo que deberan estar rematadas para o inicio do vindeiro curso.