Os furtivos poderían ser os autores do incendio da planeadora en Cabo

    BOIRO> O pósito crucense solicita o incremento das medidas de vixilancia nos portos para evitar episodios coma os vividos esta pasada fin de semana. A Garda Civil de Boiro investiga as posibles causas do incendio dunha planeadora na praia de Esteiro. O suceso producíase esta pasada fin de semana, na madrugada do sábado ó domingo. A pesar da rápida intervención dos grupos de emerxencia, a embarcación, que pertence a un dos membros da nova xunta xeral do pósito, quedou totalmente calcinada. Por esta razón dende a dirección do pósito crucense considérase necesario un aumento das medidas de vixilancia nos portos, para que este tipo de situacións non volvan a repetirse xa que os areais boirenses son os máis afectados polo furtivismo, temendo que este tipo de incidentes poidan volver a cometerse.