A Deputación mantén a aposta polo deporte de base co balonmán e a sincronizada

PONTEVEDRA> A Deputación volve concentrar a súa atención no deporte de base. A institución provincial apoia dúas citas que se desenvolverán en Sanxenxo e Pontevedra: o oitavo campus de tecnificación de balonmán, e a nova edición do Trofeo Deputación de Pontevedra de Natación Sincronizada.

 

A primeira das citas arrancará mañá, aínda que se prolongará ata o día 28. Trátase da oitava edición do campus de tecnificación de balonmán, que se celebrará no colexio Abrente de Sanxenxo e polo que pasarán recoñecidos adestradores e xogadores deste deporte.

Pola súa banda, a natación sincronizada será a protagonista o día 23 en Pontevedra. O Casino Mercantil acollerá a novena edición do Trofeo Deputación, na que participarán ao redor de 350 nenas de entre 6 e 17 anos.

En relación cos deportes, o presidente da Deputación fixo outro anuncio esta mañá. Na rolda de prensa posterior á xunta de goberno, informou que o novo campo de fútbol da Cidade Infantil Príncipe Filipe se axustará aos cambios na monarquía española, e pasará a chamarse Estadio Rei Filipe VI.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/20/eventos_deportivos_deputacion.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/20/eventos_deportivos_deputacion.mp4{/flowplayer}