O Grupo Abalo incorpora catro novos autocares á súa flota

GALICIA> Dende o sábado, o Grupo Autocares Benito Abalo conta con catro vehículos máis na súa flota. Trátase do modelo Lion’s Regio, de Man Truck and Bus.

 

Non é a primeira vez que o Grupo Abalo confía en Man Truck and Bus. De feito, esta compra é un paso máis nunha relación que xa conta cunha importante historia. Ademais, son as catro primeiras unidades deste modelo que a compañía vende en Galicia.

Sesenta empregados e sesenta e cinco autobuses son os que dan forma ao Grupo Autocares Benito Abalo. Unha empresa que dende o mes de abril entrou de cheo na comarca do Salnés.

Un obxectivo cumprido. E é que cos seus servizos atenden as necesidades de gran parte da provincia de Pontevedra.

Por iso celebraron por todo o alto a incorporación destes catro novos autobuses á súa flota, equipados coas últimas tecnoloxías. Unha posta de longo que se completou coa presentación doutro novo modelo da compañía Man Truck and Bus: o Lion’s Intercity.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/15/autobuses_man.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/15/autobuses_man.mp4{/flowplayer}