Inaugurada na Coruña a Escola de Verán do Ministerio Fiscal

A CORUÑA> O presidente da Deputación daCoruña, Diego Calvo, inaugurou o segundo curso da Escola de Verán do Ministerio Fiscal, titulado ‘La reforma orgánica del Ministerio Fiscal’. O presidente provincial aludiu ás importantes novidades que incluirá esta reforma, que suporá unha integración orgánica e funcional que obriga ó necesario cambio de mentalidade en tódolos operadores xurídicos. Neste sentido, Calvo asegurou que será esencial o consenso de xuíces, fiscais, policía e avogados debido ós cambios de procedementos que se deriven da nova Lei de Enxuízamento criminal. O presidente da Deputación estivo acompañado no acto de inauguración desta segunda sesión da Escola de Verán por Juan José Martín Álvarez, director xeral de Xustiza; Antonio Zárate, director doCentro de Estudos Xurídicos e Jaime Moreno Verdejo, fiscal xefe da secretaría técnica do FGE e director da Escola de Verán do Ministerio Fiscal.