Ata tres persoas agredidas polos Charlíns nun enfrontamento cos medios de comunicación

VILANOVA> Ata tres persoas agredidas polos Charlíns, nun enfrontamento cos medios de comunicación. A prensa facía garda ás portas da casa familiar, en Vilanova, agardando pola chegada do Hospital do patriarca, Manuel Charlín e do seu fillo pequeno, Melchor Charlín. Ambos foron atacados a primeira hora desta mañá por dous encarapuchados que conseguiron entrar na vivenda.

A presenza dos medios de comunicación ás portas da súa casa non gustou nada ós Charlíns. Esta mañá os medios facían garda diante da súa propiedade en Vilanova, despois de que o patriarca e o seu fillo Melchor tivesen que ser traslados ó Hospital do Salnés tras ser atracados por dous encarapuchados.

O patriarca dos Charlíns accedeu á vivenda nesta furgoneta. Instantes despois, o seu fillo maior, Manuel, fixo o propio neste vehículo. Canda el, Noemí Outón,  filla de Josefa Charlín, á que estan a ver na imaxe; e Natalia Somoza Chalín, filla de Teresa Charlín.

Instantes despois, Manuel Charlín dispoñíase a abandona-la propiedade, pero ante a presenza dos medios de comunicación e despois de pedir que non se lle gravase, baixou do seu vehículo e encarouse cun dos fotográfos.

Os momentos de tensión non rematan aquí. Despois do primeiro enfrontamento, Manuel Charlín dirixiuse cara a unha xornalista que, co seu teléfono móbil, gravaba a escena. Despois de esixirlle que o gardase, colleu o teléfono e lanzouno ó chan. Acto seguido, Natalia Somoza recolleuno, volveuno lanzar e acabou agredindo a outro fotógrafo. Este é a secuencia, recollida polas cámaras de Canal Rías Baixas.

Despois destas violentas escenas, Manuel Charlín quixo defenderse. Dixo que a opinión pública está a xulgar á súa familia porque unha serie de televisión, en alusión a Fariña, está dando unha versión que non se corresponde coa realidade.