Lores quere que o BNG chege á Xunta para darlle a Pontevedra o ‘impulso definitivo’

PONTEVEDRA> Falta menos dun mes para as eleccións do 12 de xullo e as distintas formacións pisan o acelerador. Hoxe Luis Bará, o cabeza de lista do BNG por Pontevedra, mantivo unha reunión informal co equipo de campaña. O nacionalista prevé un resultado histórico para o Bloque.

O PP gañaría as eleccións do vindeiro 12 de xullo e o BNG podería quedar segundo, por diante do PSdeG, segundo o barómetro do CIS. Case un 35% dos enquisados recoñecen que teñen pensado votar ós populares e case un 15 ós nacionalitas. O socialistas perderían a segunda posición, cun 14% de apoios. O Bloque toma con cautela estes datos.

Luís Bará, o cabeza de lista por Pontevedra, mantivo esta mañá un encontro informal co equipo de campaña. Recoñece o desafío que supón para o BNG o 12 de xullo, pero advirte  que van a por todas.

O alcalde de Pontevedra compartiu café co equipo do Bloque. Miguel Anxo Fernández Lores entende que a chegada á Xunta de Ana Pontón daríalle á cidade o impulso definitivo, logo de 20 anos de transformación.

Os nacionalistas marcan como prioridades para Pontevedra o saneamento da ría e a súa rexeneración, a dotación de novas infraestruturas básicas e a recuperación da sanidade pública.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí