Estudantes franceses descobren os segredos da pesca galega

    RIANXO> Un grupo de estudantes franceses visitan estes días a ría de Arousa para coñecer a forma de traballar do sector pesqueiro.

    {flowplayer}barbanza/proxectoecomarestudantesfranceses.flv{/flowplayer}

    A colaboración entre o Grupo de Acción Costeira Ría de Arousa e o seu homólogo na rexión francesa de Normadía traducirase nun vídeo documental sobre o sector pesqueiro en ámbalas dúas zonas. Un grupo de estudantes franceses percorre ó longo desta semana diversas localidades arousás para coñecer o sector e os diversos proxectos promovidos polos Gac como é o caso de ECOMAR.

    O obxectivo deste programa traspasa a vertente divulgativa xa que pretende tamén garantir o relevo xeracional nos sectores da pesca e da acuicultura.

    Durante a súa estancia en Rianxo tiveron ocasión de visitar unha cetárea, ver como funciona a lonxa ou mesmo realizar unha saída en barco ata unha batea para coñecer máis a fondo as técnicas do cultivo do molusco. Durante as próximas xornadas visitarán outras vilas e centros como o Intecmar, a escola náutico pesqueira de Ribeira ou a asociación Guimatur de Cambados que organiza rutas turísiticas baseadas no marisqueo.

    Todas estas experiencias serán recollidas nun documental que xa comezaron a gravar en Normandía e concluirá na Arousa polo que incluirá a comparativa entre a pescan as dúas rexións. O filme presentarase entre maio e xuño por toda Europa.

    Redacción Barbanza