PORTO DO SON> Desconcerto entre a flota galega do cerco ó esgotarse a cota da sardiña para a presente campaña. Ó peche desta pescaría súmase a escaseza de xurelo.
Esta semana esgotouse a cota de sardiña para a flota galega. O cerco non poderá pescar esta especie a pesar de que abonda en augas galegas grazas ó plan de recuperación desenvolvido nos últimos anos.
Dende ACERGA xa mantiveron unha reunión coa secretaria xeral de pesca para tentar conseguir máis cota, algo que semella altamente improbable.
Así as cousas, a flota do cerco afronta un futuro moi pesimista ante a escaseza de recursos pesqueiros.