Entrégase o suposto autor do atropelo na área de servizo de Meis

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/23/atropelo_gasolineira_autovia_salnes.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/23/atropelo_gasolineira_autovia_salnes.mp4{/flowplayer}

 

MEIS> Despois de máis de 24 horas desaparecido, esta mañá entregouse no cuartel de Cambados o presunto autor do atropelo na estación de servizo da Autovía do Salnés, en Meis. A vítima, pola súa banda, continúa ingresada, aínda que non se teme pola súa vida.

O suposto autor do atropelo da estación de servizo de Meis entregouse esta mañá en Cambados. O home fora identificado no momento do suceso como un veciño da vila cambadesa de 33 anos aínda que se dera a fuga. A Garda Civil levaba máis de 24 horas buscándoo, ata que hoxe chegou ao cuartel polo seu propio pé acompañado dun avogado. 

O presunto responsable do atropelo pasou a disposición xudicial esta tarde, e tivo que dar conta ante o xuíz do sucedido a madrugada do domingo na estación de Servizo da autovía do Salnés.

Nin a muller da vítima nin a parella que os acompañaba sufriron ningún dano.