Máis de trinta tendas participarán mañá no ‘Sabado Negro’ de Noia Histórica

NOIA> O ‘Sábado Negro’ de Noia Histórica foi un dos primeiros en celebrarse en toda a comarca. A iniciativa chega este ano a súa undécima edición cunha dinámica semellante a de anos anteriores. Nela participarán un total de 33 tendas de diferentes sectores con descontos nos seus produtos do 20%.

Dende o Concello, que colabora con esta iniciativa, fan un chamamento a achegarse este sábado a vila e aproveitar para facer as súas compras.

Durante toda a xornada de mañá as tendas participantes abrirán as súas portas ata as dez da noite.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí