Portos de Galicia continúa investindo en Aguiño

    RIBEIRA> O presidente, Xosé Xoán Durán, estivo hoxe no porto ribeirense de Aguiño para ver, de primeira man, a reparación da nave de redeiros. A cuberta desta instalación veuse seriamente afectada polos numerosos temporais que golpearon as nosas costas o pasado inverno.

    Portos de Galicia destinou preto de 50.000 euros para mellorar a nave de redes situada nas inmediacións do porto de Aguiño. Este espazo veuse afectado polas malas condicións meteorolóxicas que agravaron o deterioro que sufría a cuberta e xeraban numerosas molestias para os usuarios. Hoxe o presidente comprobou o remate desta remodelación, reclamada desde a confraría.O patrón maior de Aguiño quixo agradecerlle a Xosé Xoán Durán a celeridade coa que arranxaron o problema. Aproveitando a ocasión, o presidente de Portos indicou que a adxudicación da ampliación da rampla, está na recta final e proximamente darán comezo as obras que repercutirán nunha mellora das condicións de traballo para os profesionais do mar.Estas dúas melloras financiadas por Portos de Galicia, súmanse á limpeza que realizou a entidade no peirao de Aguiño. Coa finalidade de mellorar a seguridade nas augas e garantir o sostemento ambiental, retiráronse 12.000 quilos de residuos dos fondos mariños.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/25/presidenteportosenaguino2506141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/25/presidenteportosenaguino250614.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí