A ABE implica ós escolares na súa campaña de consumo local cun concurso de carteis

BOIRO> Os centros educativos de Boiro alíanse coa ABE para promover o consumo local. En colaboración co concello veñen de poñer en marcha o primeiro concurso de carteis ‘Somos Boiro’ que conta coa participación de tódolos colexios e institutos do municipio.

Hoxe abre o prazo para presentar as propostas ó primeiro concurso de carteis ‘Somos Boiro’ dirixido ós escolares do municipio. A iniciativa, xurdida do grupo de traballo dos equipos de normalización lingüística dos centros educativos, busca fomentar entre os máis novos a importancia do consumo local e a posta en valor da contorna.

De entre tódolos carteis presentados sairán 8 gañadores, ademais de protagonizar a campaña de primavera da ABE, recibirán vales de compra por valor de 30 euros. Estableceranse catro categorías en función da idade e cada alumno poderá presentar un só traballo cun lema en galego en técnica libre. O prazo de presentación finaliza o 1 de abril.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí