María José Carreira colle as rendas da xunta local da AECC de Ribeira

    RIBEIRA> María José Carreira tomará as rendas da xunta local da Asociación contra o cancro de Ribeira. O novo equipo asume esta nova etapa coa intención de fomentar a información sobre a enfermidade e incrementar o apoio ós pacientes e familiares. O centro cultural Lustres Rivas quedouse pequeno para acoller a presentación da nova xunta directiva da Asociación Española contra o Cancro. Seis meses despois do falecemento da anterior presidenta, Ana Sampedro, será María José Carreira quen a releve no cargo. A nova directiva pretende seguir unha liña continuista facilitando asesoramento e apoio ós pacientes e familiares. Entre os seus obxectivos figura tamén o incremento das campañas informativas e de sensbilización así como dos eventos deportivos para promover hábitos de vida saudables. O novo equipo, integrado na súa totalidade por mulleres, terá dúas representantes en cada parroquia. Mari Carmen Vizcaya seguirá asumindo a vicepresidencia e María Elisa Millán a secretaría.