Os nacionalistas ribeirenses piden a mellora da estación de autobuses

    RIBEIRA> O BNG vén de solicitar, a través dunha moción para o seu debate no vindeiro pleno, a mellora da estación de autobuses. Os nacionalistas consideran que xa é hora de dotar á localidade dunha instalación axeitada, cuns servizos ó nivel que se agarda dunha cidade coma Ribeira, lonxe do estado no que se atopan as instalacións actualmente. Dende o BNG ribeirense denuncian tamén a mellora do sistema de transporte colectivo, implantando descontos para estudantes e persoas maiores, así como a implantación de rutas circulares que conecten coas distintas parroquias do municipio. Tamén solicitan unha mellora da sinalización e da información sobre tódalas paradas e os propios horarios das liñas de autobuses.