BARBANZA> O número de casos activos por covid na área sanitaria Santiago-Barbanza segue medrando. No último día 55 máis, alcanzando xa a cifra dos 582 positivos. A maioría deles con sintomatoloxía leve, nos seus domicilios, baixo seguimento dos equipos sanitarios.
Sete pacientes permanecen hospitalizados, un dos cales está ingresado na unidade de críticos. Un dato significativo e a ter en conta, xa que ó último ingreso en UCI nesta área remontábase a primeiros de xuño.
O número de pacientes curados aumentou, con trece novas altas, situándose agora nos 1.916. O número de PCR realizadas tamén aumentou con respecto a onte e xa son 51.700 os test realizados, seiscentos máis no último día.