Cabo de Cruz será escenario da primeira regata de velas cangrexas

    BOIRO> Será a primeira que se realice en Galicia. A cita, que coincide coas Festas do Verán de Boiro, será un importante reclamo para os amantes da cultura mariñeira.

    O porto deportivo Marina de Cabo de Cruz acolleu a presentación do II Gran Premio Agalcari, que nesta ocasión realiza unha regata de velas cangrexas. No acto estiveron presentes Avelino Ochoa, presidente da asociación galega de barcos clásicos e de época, Manuel Fajardo, presidente do náutico, Juan José Dieste, alcalde de Boiro e Ramón Collazo, presidente da asociación galega de carpintería de Ribeira que colabora co evento. Todo seles mostraron a súa satisfacción pola realización desta regata pioneira en Galicia. Espérase que participen entre 15 e 20 barcos de todo o panorama galego. Os visitantes que se acheguen ó náutico boirense poderán impregnarse de cultura mariñeira nunha paisaxe inmellorable. A xornada do sábado será de portas abertas para que os curiosos poidan coñecer máis acerca destas velas e embarcacións. Alí os armadores proporcionaranlle toda a información de cada barco clásico. O domingo será o día da regata, con trofeos para os gañadores e cun premio especial que irá parar ó barco máis representativo. O alcalde de Boiro mostrou a súa decisión de seguir apoiando a náutica boirense.