Apurado trunfo do Racing de Santander en Barraña

    BOIRO> O gol da vitoria do conxunto cántabro chegaba no tempo de desconto por mediación de Dani Aquino. Cando a grada festexaba xa un valioso empate ante un dos galos da categoría, como é o Racing de Santander. No tempo de desconto, no minuto 92. Este gol de Dani Aquino dáballe a vitoria ós cántabros. A decepción encheou entón o municipal de Barraña. A faciana dos xogadores e da propia afección evidenciaba una enorme decepción. Por terra o traballo realizado durante noventa minutos de xogo. O Racing chegaba en plena crise de resultados. Catro partidos sen gañar. E o Boiro quería dar a machada, derrotando a un dos principais aspirantes ó ascenso de categoría. O encontro non se caracterizou especialmente polo bo xogo. A chuvia caída durante todo o día e tamén no partido parecía enfriar as ideas de ambos conxuntos. Especialmente a dos locais que non realizaron o seu xogo habitual. Moito se cabe polo mérito do rival. Dos visitantes foron as principais ocasións. Na primeira metade a mayoría delas tiñan un mesmo protagonista: Coulibaly. O senegalés puxo a calidade e o perigo do Racing, sendo a ameaza constante para a zaga boirense con desbordes e centros á área sen demasiada fortuna. As ocasións para o Racing seguiron na segunda metade. Neste tempo os cántabros mesmo chegaron a mandar dous remates ós paus. A sorte parecía estar do lado do Boiro. E cando xa se daba por bo o empate chegou o gol visitante por mediación de Dani Aquino. Colleu un balón na frontal e dun disparo certeiro, puxo o balón fóra do alcance de pato, de novo un dos mellores no bando local. A derrota deixa ós boirenses na décimo segunda posición, con 16 puntos. Polo que respecta ó resto de equipos galegos que militan nesta categoría destacar a vitoria do Celta B no derbi co Somozas por cero goles a dous, e a do Coruxo ante o Palencia por un a cero. O Racing de Ferrol empata a uns co Tudelano, mentres que o Pontevedra caía por un claro tres a cero coa Cultural leonesa, líder deste Grupo I da Segunda B.