O parque do Castelo contará cun chan renovado máis seguro para os usuarios

A POBRA> O concello da Pobra traballa no acondicionamento e mellora dos parques infantís do municipio. nestas semanas estase a actuar no parque do Castelo onde se procedeu á pavimentación con caucho continuo. Os traballos concluirán a vindeira semana.

O concello da Pobra destinou preto de 50 mil euros para mellorar o parque do Castelo, un dos máis concorridos do municipio. A actuación centrouse na substitución do anterior pavimento de caucho e céspede artificial por un chan de caucho antiesvarante que aporta maior seguridade ós usuarios.

Esta actuación dá continuidade ós numerosos proxectos de mellora dos espazos de lecer infantís que está a desenvolver o concello.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí