ACORUÑA> Continúa potenciando a imaxe do patrimonio laboral e tecnolóxico que representa ós nosos municipios. Proba de elo, foi o V Congreso, deste turismo alternativo, que se desenvolveu na cidade de Ferrol e foi organizado conxuntamente polo concello e a entidade provincial.
Dende hai uns anos, a Deputación da Coruña ven realizando unha aposta por potenciar o turismo industrial, a través de diversas iniciativas entre as cales se atopa o Congreso celebrado a pasada semana no concello de Ferrol. Esta cita que se ven desenvolvendo dende hai 5 anos, conseguiu reunir a 400 congresistas interesados neste turismo alternativo. O presidente da entidade provincial, Diego Calvo, cualificou de éxito as cifras acadadas no evento, que alcanzaron os 400 participantes e repercutiron nuns ingresos de 330.000 euros para a cidade de Ferrol. Cabe destacar tamén a boa acollida da Ruta da Construción Naval e da Ruta Conserveira, encadradas nesta oferta turística. Ambas tiveron que manterse durante dúas xornadas para satisfacer a demanda existente. Estas rutas teñen o obxectivo de dar a coñecer o proceso de elaborado da conserva, o desenvolvemento das industriais auxiliares como a construción naval ou o cultivo da materia prima a través das visitas ás bateas. A deputación quere extender a iniciativa por toda a provincia a través de itinerarios nas distintas comarcas. O congreso de Ferrol conta xa co respaldo da Comisión Europea e da Organización Mundial de Turismo, garantindo que a vila se sitúe nos eventos e congresos sobre turismo alternativo en todo o continente. Desde a Deputación seguirase traballando para sacarlle partido a este innovador turismo, e para elo conta co apoio de grandes firmas como Navantia, Inditex e Sargadelos entre outras.