Adxudicadas as obras de pavimentación da rúa Lorenzo Mariño de Aguiño

RIBEIRA> Trátase dunha das principais arterias de comunicación da parroquia de Aguiño, que concentra ademais un elevado volume de tráfico, ó ser ademais a principal vía de entrada ó porto.

Dende hai tempo presenta un pavimento moi deteriorado, polo que o executivo local creu oportuno actuar nela.

A actuación prevista, que xa foi adxudicada conta cun orzamento de máis de 130 mil euros.

Ademais das obras de mellora do firme, a actuación levará aparellada tamén a incorporación de oito pasos de peóns elevados co obxectivo de fortalecer a seguridade viaria na rúa, e reducir a contaminación e o ruído.