Adxudicadas as obras de mellora do parque infantil de Bretal

    RIBEIRA> O executivo ribeirense informou da adxudicación definitiva das obras de adecuación do parque infantil de Bretal, na parroquia de Olveira. A actuación conta cun investimento total de máis de 43 mil euros e está financiada pola Deputación Provincial da Coruña no marco do Plan de Obras e Servizos. A empresa que resultou adxudicataria foi Galitec Desarrollos Tecnológicos, S.L., por un prezo total de máis de 32 mil euros. O prazo de execución das obras será dun mes.