VILAGARCÍA> Ilusión entre os comerciantes do mercado de nadal de Vilagarcía. Para moitos negocios é unha gran oportunidade para obter beneficios nun ano de pouco traballo. A veciñanza tamén agradece a iniciativa para dar as rúas máis ambiente e nadal.
O concello de Vilagarcía volve celebrar o seu mercado de nadal. A comlicada situación sanitaria obriga este ano a adaptalo ás medidas anticovid. As 16 carpas estarán divididas en dúas zonas: na praza de España e na Praza da Independencia. En total serán 30 negocios os que roten polas diferentes casetas. Para os comerciantes é unha gran oportunidade para axustar as contas do ano.
Dada difícil solución que están atravesando os negocios, o concello de Vilagarcía non cobrará a taxa dos postos aos comerciantes.
Unha das casetas está reservada para Ongs. En total serán cinco as organizacións que se alternen: Solidariedade internacional – Comercio xusto, TDAH Salnés, Lar Pro Saúde Mental, asociación de familiares de enfermos de alzheimer e a asociación Galega de Linfedema.
A veciñanza tamén agradece a realización do mercado. Consideran que é unha maneira de dar as rúas un ambiente máis de nadal.
O mercado de nadal de Vilagarcía estará aberto ata o día 28 de decembro. Os interesados poderán achegarse en horario 11 a 13:30 horas e de 17 a 21 horas.