Patrimonio bloquea as reformas na praza e esixe a restitución da escaleira central

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/05/patrimonio_praza_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/05/patrimonio_praza_vilagarcia.mp4{/flowplayer}

 

VILAGARCÍA> Patrimonio paraliza as obras na praza de abastos de Vilagarcía. O informe desfavorable non se debe ás actuacións que o concello prevé para a segunda fase da reforma, senon ás que se fixeron na primeira. Patrimonio esixe a reposición da escaleira central, algo que dende o concello ven como imposible, e advirten que condenaría calquera actuación presente ou futura que se queira realizar no edificio. Tamén a subvención que tiñan previsto recibir da  Dirección Xeral de Comercio.

As reformas da praza de abastos penden dun fío. Patrimonio informou desfavorablemente a segunda fase dos traballos, descontento cunha das actuacións que se realizou na primeira: a retirada da escaleira central.

Segundo explican dende o concello, a primeira fase recibiu o visto bo coa condición de que se recuperase a escaleira central. O proxecto inicial foi modificado, cambios que se aprobaron pola xunta de goberno local do Partido Popular en xullo de 2011 e que incluían a desaparición da escaleira. Nunca se presentou a Patrimonio. Agora, a esixencia da Dirección Xeral condiciona calquera intervención presente ou futura que se queira realizar no edificio.

Non só as reformas están en perigo. Tamén a subvención da Xunta aos traballos. Segundo o asinado no convenio, a Dirección Xeral de Comercio entregaría dúas anualidades de 120 mil euros para os traballos. A primeira, de 140 mil contando cos 20 mil do concello, tería que xustificarse dentro deste ano.

A Directora Xeral de Comercio recibiraos o vindeiro luns ás 13.30. Tamén solicitaron encontros con Patrimonio e o Conselleiro de Cultura, que aínda non teñen data fixada. A intención do goberno local é conseguir que os técnicos muden de opinión, por iso os invita a ver sobre o terreo o traballo realizado na praza de abastos.