A Brilat visita A Pobra

    POBRA> A Brigada de Infantería Lixeira Aerotransportable (Brilat), repetindo a experiencia de anos anteriores, visita estos días a localidade pobrense. Tras a súa participación na marcha Tui-Santiago a finais de maio, onde tiveron que superar varias probas e na cal lograron establecer unha nova marca, foron premiados cuns días de relax no concello da Pobra, dedicando o seu tempo a actividades de lecer e aproveitando para relaxarse. O alcalde, Isaac Maceiras, recibiunos na Casa Consistorial, felicitounos pola súa participación na marcha e animounos a repetir en novas edicións. Aproveitaron, ademais, para visitar o Museo Valle-Inclán e coñecer tódolos detalles deste histórico edificio.