Aberta a inscrición ó curso de escritura creativa

    RIBEIRA> Estará impartido por Xabier López Marqués.

    O Centro Cultural Lustres Rivas vai dar cabida entre os días 7 e 17 de xullo a un curso de escritura creativa denominado “24 horas facendo literatura”. Esta actividade, dirixida a veciños e veciñas maiores de 16 anos, está promovida polo concello de Ribeira a través do Servizo Municipal de Normalización Lingüística. A iniciativa pretende ensinarlles aos asistentes técnicas para compoñer textos de carácter literario, partindo de presupostos xerais e básicos. Mellorar a competencia na escritura básica e potenciar o galego como lingua de prestixio literario son os principais obxectivos destas xornadas. Os interesados en asistir poden inscribirse no Centro Cultural Lustres Rivas ata o día 4 de xullo (teléfono 981 835 650; email normalización@riveira.com). As prazas cubriranse por orde de inscrición (20 como máximo). As clases desenvolverase de luns a xoves, de 10 a 13 horas.

    Xabier López Marqués é doutor en Filoloxía Hispáinica e profesor de Lingua e Literatura Española nun instituto de secundaria. Entre a súa obra figuran Entonces aún era mañana (1979), Pensando en aquellos tiempos (1980), Borges: poesía última (1986), La poesía estridentista mexicana (1994), Polos mares das améndoas (2000), Das paisaxes esquecidas (2003), Tránsitos (2006), Chafariz ( 2014) ou O test de Kandinsky (2014), entre outras creacións.