Remata o curso de alfabetización dixital de Palmeira

    RIBEIRA> Participaron preto de 30 veciños e veciñas.

    Tras dous meses de asistencia ás aulas, dase por finalizado o curso de alfabetización dixital desenvolvido en Palmeira. Ao acto de clausura acudiu o alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz, así como Emilio Pérez, concelleiro de Novas Tecnoloxías e Abel Alonso, axente TIC. O evento rematou cunha entrega de diplomas ós 30 alumnos participantes. A sede da Sociedade Hijos de Palmeira acolleu tanto as clases como o acto de clausura. O acordo de colaboración entre esta entidade e o concello permitiu a instalación dunha aula de informática con material procedente da antiga Aula Multimedia situada no Malecón de Ribeira. Nos últimos días clausuraronse outros tres cursos de informática celebrados en Ribeira, Oleiros e Castiñeiras.