Comeza a última fase de acondicionamento do entorno da Armenteira

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/02/armenteira.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/02/louzan_obras_armenteira.mp4{/flowplayer}

    MEIS> Avanzan a bó ritmo as últimas horas de acondicionamento do entorno do Mosteiro da Armenteira. A Deputación de Pontevedra ultima as obras de urbanización e asfaltado dos accesos do Templo e da Pousada. Veñen de comezar as obras de urbanización e acondicionamento dos accesos do entorno do Mosteiro de Armenteira, no Concello de Meis. Esta actuación que se está a executar á altura do quilómetro quince abrangue o asfaltado do vial, a reordenación do tráfico, a dotación de mobiliario urbano e alumeado público e tamén a creación dunha zona de áreas axardinadas e de prazas de aparcadoiro; amais dos consabidos servicios soterrados. O seu custe ascende ós 518.000 euros. O Alcalde de Meis agradeceu esta actuación, así como as anteriores, que entende que virán a incrementar aínda máis o valor turístico, patrimonial e de servizos deste enclave; á espera dunha boa sinalización que identifique as riquezas desta contorna para que os turistas dean chegado. Deste xeito queda toda a infraestructura lista para que poida abrir a Pousada da Armenteira; salvo o equipamento, que sairá a licitación de forma conxunta cas outras tres pousadas do Salnés por 1,5 millóns de euros. Nas vindeiras semanas comezaranse unhas obras de acondicionamento do acceso semellantes no entorno das Pousadas de Covas e Ribadumia.