A Asociación de Veciños de Barro recupera a contorna da praia Punta da Cruz

NOIA> A Asociación de Veciños de Barro, en Noia, fai un chamamento á participación na limpeza da praia Punta da Cruz, situada en Abruñeiras. Varios voluntarios colaboran na retirada de residuos durante toda a fin de semana. Cada venres e sábado,  un grupo de veciños de Barro afánase na retirada da maleza, pedra e lixo acumulado na praia da Punta da Cruz. Trátase dun pequeno areal, situado ó final do paseo litoral en Abruñeiras, que ata o momento se atopaba en moi mal estado. As administracións públicas implicáronse tamén no proxecto a petición do colectivo veciñal. O concello colabora coa dotación de medios para a retirada dos residuos mentres que Cosats xa se comprometeu a retirar os cascallos acumulados na praia. Aínda así queda moito por facer polo que a asociación apela á participación veciñal.