RIBEIRA> A investigación iniciouse a raíz das denuncias presentadas na comisaría ribeirense por varias empresas armadoras que sospeitaban que un ex-traballador dunha delas, encargado de mercar o material e as ferramentas para a reparación dos barcos, estáballes a pasar facturas de compra por artigos que non aparecían.
Os axentes puideron comprobar como as sospeitas eran certas, xa que moito deste material comprado que non chegou a entregarse, fora posto á venda en establecementos de compra-venda de segunda man e tamén a través de páxinas web especializadas neste tipo de artigos.
Ó parecer, e grazas ó calote, esta persoa obtivo un beneficio de máis de dous mi euros, causándolle un prexuízo económico ás empresas superior ós oito mil.
Boa parte do material e das ferramentas puideron ser recuperadas e entregadas ós seus lexítimos propietarios.
O ex-empregado foi detido, acusado dun presunto delito de furto e estafa continuada.
Unha vez tramitadas as correspondentes dilixencias, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución de Garda.











