Presunta agresión de SOS Panadeira a un neno da escola de vela

    SANXENXO> O Náutico de Sanxenxo acusa á plataforma SOS Panadeira de agredir a un cativo da escola de vela e romperlle o barco co que navega. Así o dou a coñecer o ente mediante unha nota de prensa na que sosteñen que os feitos xa foron denunciados. Engaden que a esta suposta agresión, na última semana tamén se lle sumou a aparición de carteis con ameazas de morte contra o presidente do club, Pedro Campos e a súa familia, así como pintadas na caseta de marinería instalada nos pantaláns. Como proba, aportan estas fotografías que están a ver. Desde o Náutico instan ós responsables de panadeira que condenen estas accións e retiren a súa firma. Por certo que o concelleiro de Medio Ambiente da localidade vén de remitir un escrito ó presidente de Portos reiterando a necesidade de que se balice a praia dos Barcos como responsable do mantemento da seguridade nesta zona portuaria.