O acusado de dar unha malleira a un adegueiro vilanovés insiste na súa inocencia

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/21/xuizo_adegueiro_vilanova.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/21/xuizo_adegueiro_vilanova.mp4{/flowplayer}

 

PONTEVEDRA> Visto para sentenza o xuízo polo roubo e agresión a un adegueiro de Vilanova. Para a Fiscalía, as probas son suficientes para condenar ao único acusado. A defensa no seu alegato final volveu insistir na nulidade da proba de cargo, e pediu a libre absolución. O home enfróntase a unha pena de 14 anos de cadea.

O chisqueiro atopado na habitación do adegueiro volveu centrar esta mañá gran parte da sesión. Segundo os peritos, a falta de residuos impediulles determinar se este obxecto se empregou para queimar á vítima nos brazos e nos testículos, ou se en realidade se empregou algún produto cáustico.

Ao final da sesión, o único acusado, Javier Evaristo Pose, insistía na súa inocencia.

Tampouco hai explicacións para a defensa. A letrada solicitou a libre absolución do seu cliente, e insistiu en que se invalide a mostra biolóxica localizada no chisqueiro e que resultou clave para sentar ao seu cliente na bancada.

Para a defensa, os feitos presentados baséanse en hipóteses, construíndo un relato ao redor do chisqueiro. Por iso pediu aos xuíces que non se precipiten na súa decisión.

Na súa conclusión final, a Fiscalía insistiu en que non existe dúbida razoable sobre a implicación de Javier Evaristo Pose nun roubo que describiu como de violencia extrema.

O Fiscal insistiu na súa petición de 14 anos de cadea por estes feitos, ocorridos o 4 de decembro de 2012. Ese día, tres homes accederon ao interior da vivenda de Vilanova, ataron, golpearon e queimaron ao adegueiro. O xuízo quedou visto para sentenza.