A reforma electoral levanta paixóns entre os políticos pontevedreses

PONTEVEDRA> A reforma electoral que podería sacar adiante o Partido Popular crea polémica alá onde se fala dela; malia que aínda son poucos os detalles que se coñecen da mesma. O último debate contido tivo lugar esta mañá entre o Presidente da Deputación e o Alcalde de Pontevedra.

Lores defende os pactos e o consenso como parte moi positiva do xogo político, namentres Louzán pensa que non poden chegar a gobernar os que perderon as eleccións. O cruce de opinións foi medrando por momentos, primeiro co exemplo da Illa, e logo xa co propio do Concello de Pontevedra que afectaba en primeira persoa a Miguel Anxo Fernández Lores. E por se non se valesen dabondo Louzán e Lores, saltou Mosquera. Polo de agora a cousa quedou aí á espera de novos debates que de seguro dará de si esta proposta de reforma cando queda menos de un ano para as eleccións municipais.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/04/debate.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/04/reforma_electoral.mp4{/flowplayer}