Prohibido o paso os vehículos na Ponte do Burgo

PONTEVEDRA> As obras de recuperación patrimonial e de peonalización da Ponte do Burgo xa están en marcha. Tras os traballos realizados na rotonda entre Domingo Fontán e Juan Manuel Pintos, dende esta mañá os vehículos xa non poden circular polo viaduto. Esta reforma é financiada polo Concello a través dos fondos EDUSI e supón unha inversión de máis de 2 millóns de euros.

A Ponte do Burgo xa non permite a circulación dos vehículos.  Os accesos o vial foron pechados esta mañá para comezar coas obras de recuperación patrimonial e de peonalización do viaduto. Nunha primeira fase de rehabilitación levarase a cabo a demolición das beirarrúas para, a continuación, renovar toda a iluminación.

O obxectivo destas obras é recuperar o espírito peonil da ponte e adaptar esta zona ó modelo urbano da cidade.

O proceso de rehabilitación da Ponte do Burgo enmárcase dentro do programa integral de mellora do Camiño Portugués, que tamén inclúe as obras do Gorgullón e da rúa Virxe do Camiño.

O prazo de execución das obras ascende a un ano e supón unha inversión superior aos 2 millóns de euros.

Comments are closed.