Pontevedra. Unha Feira Franca que xa ten todo a punto para a súa celebración. Mañá as sete da tarde os pregoeiros anunciarán o comezo da XIX edición desta festa e ás 22:30 dará comezo o espectáculo As portas do Lérez dende a Praza da Ferrería. Dous días de actividades e festa os que lle quedan por diante e onde a Boa Vila volverá ao medievo.
Pontevedra xa ten todo listo para volver ao medievo nesta fin de semana. Mañá comezará na cidade a décimo novena edición da Feira Franca, unha cita que conquista a todos os membros da familia.
É non e para menos, xa que a Feira Franca conta cun sinfin de actividades para todos os gustos, cores e idades.
Dende a oficina da Feira Franca, situada ao lado da Biblioteca Municipal, informáronnos esta mañá de que a cidade contará con 237 mesas de particulares, e 145 da hostalería, en relación ao mercado tamén nos dixeron que cada vez hai máis solicitudes.
A xente cada vez está máis implicada coa Feira Franca, tanto coa decoracións das mesas como das vestimentas dese día.
Unha Feira Franca que dará o seu pistoletazo de saída mañá as sete da tarde cos pregoeiros anunciarán o comezo da XIX edición desta festa e ás 22:30 dará comezo o espectáculo As portas do Lérez dende a Praza da Ferrería.